Fundado o 16 de febreiro de 1946, con personería xurídica, aprobados os seus estatutos polo Poder Executivo do Gaberno da República Oriental do Uruguai o día 30 de xullo de 1951. Sendo o primeiro presidente Don Emilio Sampil, ourensan emigrado a principios do século pasado.
Os fins da institución son segundo recollemos nos nosos estatutos fundacionais: “unir todos os fillos da provincia de Ourense, os orixinarios que o desexasen e as persoas que quixeran adherirse”.
Na nosa fundación, a sede social era alugada pero máis tarde adquirimos en propiedade unha nova sede no centro de Montevideo; trátase dun edificio de máis de 60 anos, cunha entrada principal a ámbolos dous lados.
Logo de varias remodelacións na actualidade a sede conta cun salón de actos, cantina, secretaría, biblioteca, parrillada, un escenario para espectáculos con capacidade para 300 persoas e unha sala de usos múltiples onde se desenvolve a vida social da entidade (xogos de salón, reunións sociais, proxección de vídeos e diapositivas).
Co Patronato da cultura gallega de Uruguay, realizaron a grabación da primeira misa en galego de todo o mundo «Bajo la Cruz de Santiago«.
No centro funciona desde hai anos unha “Oficina de información de turismo” que distribúe material publicitario sobre Galicia.
Foinos recoñecida a condición de galeguidade o 22-10-1987 por Decreto nº 365/87 (DOG nº 204, do 23 de outubro) e na actualidade temos 286 socios dos que 194 son galegos.